visita una batea

Visita a unha batea

Coa colaboración do Consello Regulador do Mexillón de Galicia

Se hai un elemento visual característico da ría de Vigo son sen dubida algunha as bateas. Estas estruturas de madeira tan singulares son viveiros flotantes empregados para o cultivo do mexillón. A semente do mexillón medra nun sistema de cordas penduradas da batea que poden chegar a medir ata 12m de longo. Debido ás súas dimensións e ás condicións naturais da rías galegas (son consideradas pola FAO como un dos depósitos de fitoplancto máis grandes do planeta), a batea é un ecosistema no que hai documentadas máis de 100 especies diferentes. Grazas á colaboración do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, podemos visitar estás estruturas tan propias das nosas rías. Tanto por superficie, como por debaixo da auga.

Ponte en contacto con nós para recibir máis información e mirar que actividade se adapta máis aos teus intereses.

info@mergullobreogan.com

Prezos visita a unha batea

40€ - 1 persoa

70€ - 2 persoas


bautizo batea

Bautizo nunha batea

Actividade dirixida e supervisada por un instrutor PADI cualificado.

Esta é a nosa actividade máis popular. Dirixida a aquelas persoas que queren saber o que se sinte ao poder respirar debaixo da auga. Unha primeira inmersión a pouca profundidade e nun entorno natural único no mundo.

Recibirás unha pequena clase teórica, gozando das vistas da batea, sobre conceptos básicos do mergullo, emprego do equipo autónomo, e seguridade. E despois, sempre ao ritmo que marques ti, realizaremos unha pequena inmersión (con cabos de seguridade, para ir collendo confianza) ao redor da batea. Toda a actividade estará dirixida e supervisada por un instrutor PADI cualificado.

Ponte en contacto con nós para recibir máis información sobre esta experiencia única en Galicia.

info@mergullobreogan.com

Prezos bautizo en unha batea

50€ - 1 persoa

75€ - 2 persoas

Snorkel na ría de Vigo

Goza dun entorno natural único dende unha nova perspectiva. Visita unha batea ou desfruta dos nosos fondos mariños acompañado dun profesional cualificado. Poñeremos á túa disposición o equipo necesario para poder realizar esta actividade dunha maneira confortable e segura. Esta práctica non require experiencia previa.

Se estas interesado nesta actividade consúltanos e informarémoste

salidas de buzeo

Saídas de mergullo

Actividade dirixida a mergulladores certificados.

Saídas diarias dende o Club Náutico de Vigo a diversos puntos da ría. Explora os fondos mariños, unha batea, ou algún dos numerosos pecios que podemos atopar na ría. Dende o centro histórico da cidade a unha batea en pouco máis de 10 minutos.

info@mergullobreogan.com

Prezo inmersións

35€ - 1 (botella+lastre)

55€ - 2 equipo completo