Open water diver

Convértete nun mergullador certificado!

Este curso vaiche permitir practicar o mergullo en calquera parte do mundo sen necesidade de ir acompañado dun instrutor. Non é necesario ter experiencia previa para poder realizalo.

Curso impartido por instrutores PADI; a organización internacional de máis prestixio no mergullo recreativo. Consta dunha parte teórica e outra práctica. A duración dependerá da dispoñibilidade dxs alumnxs para poder asistir ás clases, xa que nos adaptamos ás vosas necesidades. A parte práctica, inclúe unha parte de augas confinadas (piscina ou mar), na que aprenderás a manexar o equipo e as destrezas necesarias para converterte nun mergullador autónomo. E catro inmersións en augas abertas nas que poñeremos a proba todo o aprendido anteriormente.

Prezos Open water diver

395€

Requisitos

  • Fotografía recente
  • Certificado Médico de aptitude para o mergullo
  • Xs menores de 18 anos deben ser autorizados por pais ou titores.

Advance open water diver

Dá un paso máis na túa formación!

Este curso está pensado para aquelas persoas que xa fixeron o Open Water Diver pero queren seguir gañando confianza e mellorar as súas habilidades como mergulladorxs. Consta de cinco inmersións de aventura, totalmente distintas entre si, que che darán a oportunidade de explorar outros aspectos do mundo submarino. Acompañadx do teu instrutor PADI realizarás as inmersións obrigatorias de profundidade e navegación. Aquí aprenderás as técnicas básicas para planificar e desenvolver este tipo de saídas con total seguridade. Posteriormente, realizarás outras tres inmersións de aventura adicionais máis adaptadas aos teus gustos ou intereses.

Prezos Open water diver

aaaaa

310€

Requisitos

  • Titulación Open Water Diver ou equivalente
  • Seguro de mergullo
  • Certificado médico

Rescue diver

Prevención e reacción ante os problemas na auga!

Curso intenso, pero moi gratificante. O teu instrutor ensinarache a evitar e xestionar adecuadamente os problemas que poidan xurdir na auga. Segue aumentado o teu nivel de confianza sabendo que podes axudar a outrxs compañeirxs en caso de ser necesario. A pesares de ser un curso esixente, moitos mergulladores considérano o mellor curso de todos os que realizaron. Practicarás técnicas de autorescate, aprenderás a recoñecer e xestionar unha emerxencia de mergullo, realizarás simulacros de rescate a mergulladores en pánico ou inconscientes e poñerás en práctica os teus coñecementos en primeiros auxilios.

Prezos rescue diver

325€

Requisitos

  • Titulación de Advanced OWD ou equivalente
  • Certificado médico
  • Seguro en vigor para a práctica do mergullo
  • Títulación de Emergency First Response ou equivalente (primeiros auxilios)

Divemaster

O comezo dunha nova carreira profesional!

O divemaster é o primeiro paso da túa carreira profesional dentro do mergullo recreativo. Traballarás ao lado dun instrutor PADI axudando cos cursos e supervisando actividades de mergullo. Perfeccionarás as túas habilidades subacuáticas e dominarás a teoría do mergullo ao nivel dun instrutor. Unha vez finalizado o divemaster poderás traballar como guía de mergullo en calquera parte do mundo. Probablemente, sexa o curso máis completo en canto á formación e as prácticas que farás a nivel profesional.

Prezos divemaster

Consultar

Requisitos

  • Titulación de Rescue Diver ou equivalente
  • Titulación de Emergency First Response ou equivalente (primeiros auxilios)
  • Idade mínima 18 anos
  • Certificado médico
  • Seguro en vigor para a práctica do mergullo
  • Mínimo de 60 inmersións ao finalizar o curso