Vigo, un paraiso para a vida subacuatica
¡Ven coñecelo!
O mar de Vigo é un espazo de grande interese ecolóxico e histórico con abondosos pecios. Conta cunhas das mellores áreas de mergullo de Galicia. A súa situación privilexiada e as condicións oceanográficas crean hábitats ricos en nutrientes, con bosques de algas ou leitos de roca onde se pode ver toda caste de flora e fauna mariñas.
A súa costa, amais de ter unha grande diversidade cultural e etnográfica, posúe o encanto das súas vilas mariñeiras, un extenso patrimonio industrial, fermosos areais e paraxes excelentes para a práctica de deportes acuáticos.
Mergullo Breogan
Gozar do mar e do entorno natural
Mergullo Breogán aposta por difundir e poñer en valor o patrimonio natural. As actividades desenvóltas promoven a sostenibilidade e a preservación medioambiental da Ría, ao tempo de desfrutar e interactuar sen danar a biodiversidade.
Actividades
Entra e coñece a nosa oferta
Visita a unha batea
Bautizo nunha batea
Snorkel na ria de Vigo
Saídas de mergullo
Cursos de mergullo
Cursos impartido por instrutores PADI
Open water diver
Este curso vaiche permitir practicar o mergullo en calquera parte do mundo sen necesidade de ir acompañado dun instrutor.
Advanced open water diver
Este curso está pensado para aquelas persoas que xa fixeron o Open Water Diver pero queren seguir gañando confianza e mellorar as súas habilidades como mergulladores.
Rescue diver
Curso intenso, pero moi gratificante. O teu instrutor ensinarache a evitar e xestionar adecuadamente os problemas que poidan xurdir na auga.
Divemaster
O divemaster é o primeiro paso da túa carreira profesional dentro do mergullo recreativo.